A Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, reuniuse co Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, xunto ao arqueólogo Francisco Manuel Herves Raigoso para avanzar na segunda actuación no Xacemento Arqueolóxico de Os Castros, que se ubica entre as parroquias de Soutolobre e Lourido.

Nesta segunda actuación promovida polo Concello de Salvaterra, e que contará co apoio da Consellería de Educación e Cultura,  preténdese actuar nunha zona moi específica, onde se atopou unha cabaña castrexa que conta cunha estela con decoración antropomorfa e armas  de grande singularidade.

Ademais, na reunión tamén se falou da colaboración da Consellería na rehabilitación integral dunha edificación singular para servizos complementarios que o Concello ven de adquirir dentro do Recinto Amurallado de Salvaterra.

Con esta actuación, o concello pretende seguir avanzando na posta en valor do seu patrimonio histórico e cultural, traballando no acondicionamento dos inmobles singulares que se encontran dentro do recinto da muralla, declarado BIC.

CastrosLourido2