Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

AtencionO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO DENUNCIA ANTE A GARDA CIVIL UNHA SABOTAXE NA CAPTACIÓN DE AUGA POTABLE EN PONTE CORDEIRO

Esta mañá  o Concello de Salvaterra de Miño denunciaba formalmente ante a Garda Civil de Salvaterra uns actos vandálicos no Ponte Cordeiro que produciron un problema moi grave na captación de auga potable que da servizo ao municipio.

Na noite do 16 ao 17 de novembro empezamos a ter  problemas de caudal na entrada de auga do río ao pozo de bombeo, supostamente por atasco. Nese intre fíxose unha inspección e posteriormente para darlle solución ao problema chamouse a unha empresa especializada,  introducindo mangueiras de desatranco entre o río e o pozo de bombeo (traballo que durou ata ás 18.00h), aparecendo unha rede semirríxida no interior das tubarias. A continuación chamouse a Medio Ambiente e a Garda Civil, xa que non hai forma de que entre no sistema se non é coa apertura voluntaria da trampilla de acceso á zona de captación, co cal tratábase dun sabotaxe ao sistema de abastecemento, que produciu que baixara o caudal e que unha parte do Concello quedara sen auga dende ás 12.00h do xoves ata hoxe pola mañá (que se recuperou o nivel de auga).

Ante esta situación  hoxe pola mañá formalizouse a denuncia.

IMG 20221118 WA0001IMG 20221118 WA0004

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia