Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Recepción do concello de Salvaterra de Miño á delegación de profesorado e alumnado que participa nun intercambio escolar entre o IES Salvaterra de Miño e o centro de ensino KSF Freigericht de Alemaña.

 

O pasado xoves 13 de outubro de 2022, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Dona Marta Valcárcel, recibiu no salón de plenos a unha delegación alemana de alumnado e profesorado que participa nun intercambio escolar con alumnado de 1º de bacharelato do IES Salvaterra de Miño. Despois da recepción visitaron o casco antigo de Salvaterra, a biblioteca, a Casa do Conde, o castelo e o Museo do Viño.

O alumnado que pertence ao centro de ensino KSF Freigericht de Alemaña chegou o pasado 11 de outubro e finalizará a súa estadía o vindeiro martes 18. Durante estas xornadas o alumnado participa activamente nun programa de actividades creadas para fomentar as competencias lingüísticas, a iniciativa persoal, cívica. etc e coñecer todos os aspectos socioculturais e económicos que definen a contorna do Condado.

Dende o ano 2012 o IES Salvaterra de Miño vén de participar activamente en programas de carácter europeo coa finalidade de darlle ao alumnado unha oportunidade de coñecer outras realidades, culturas, costumes e hábitos de vida diferentes.

RECEPCIÓN NO CONCELLO

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia