O vindeiro luns 31 de outubro terá lugar o tradicional roteiro de samaín, para que @s nen@s e adultos de Salvaterra vivan unha experiencia terrorífica ao mesmo tempo que divertida.

Por grupos organizados, percorrerase diversas zonas do noso Municipio onde estarán agochadas numerosas sorpresas e sustos propios dunha noite especial como é a noite de Samaín.

A saída será ás 20:00 h dende o a Praza do Concello e rematará no Campo de fútbol de O Casal, onde poremos fin cun chocolate quente para todos @s asistentes.

Non perdades a oportunidade de pasar unha noite inesquecible en familia ou con amigos, facendo as vosas inscricións dende o 10 ata o 28 de outubro, no teléfono 623 112 411 en horario de 09:00-14:00 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., co único requisito de que cada participante deberá traer consigo un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos do Concello. Prazas limitadas por orde de inscrición.

SALVATERRORÍZATE CON NÓS!!!!!!!!

CARTEL ROTEIRO SAMAIN