Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

ObrasO PLENO DA CORPORACIÓN  APROBA O ACORDO DE COOPERACIÓN PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DA FORTALEZA DE SALVATERRA DE MIÑO

O pasado luns 26 de setembro o Grupo de Goberno levou ao Pleno da Corporación a aprobación do acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización das obras de Humanización da Fortaleza de Salvaterra. Unha obra de máis de 600.000€ que se executará entre o ano 2022 e o ano 2023.

As obras a realizar encóntranse dentro do proxecto de Rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra de Miño 3ª fase e que pretenden acondicionar o ámbito das rúas, mediante a pavimentación de lousas de pedra, canalización subterránea das infraestruturas e alumeado público.  Acondicionar o ámbito da praza da Oliva,  substituír o actual asfalto por un pavimento de terra na inmediación da porta de entrada.

Con estas actuacións preténdese mellorar a calidade ambiental do recinto, revitalizando o seu uso residencial, plantaranse 3 olivos que seguirán a antiga trama das edificacións preexistentes e mellorarase un entorno que a día de hoxe é un dos atractivos turísticos do municipio.

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia