A pasada fin de semana tivemos o inmenso pracer de recibir no Concello, á nosa veciña Lucía Rodríguez, quen ven de lograr unha auténtica proeza e que sen dúbida marca un antes e un despois no bádminton feminino español: MEDALLA DE BRONCE POR EQUIPOS JUNIOR COA SELECCIÓN ESPAÑOLA E MEDALLA DE OURO POR PARELLAS JUNIOR, AMBAS NO CAMPIONATO DE EUROPA CELEBRADO EN BELGRADO O PASADO 27 DE AGOSTO.

A nosa querida veciña consegue un fito histórico, xa que é a primeira vez na historia do bádminton feminino español na categoría junior, que unha parella logra acadar o máximo escalafón dun campionato desta magnitude, polo que non podemos facer outra cousa que sentirnos orgullosos e renderlle a Lucía o recoñecemento que merece.

Esta xove salvaterrense, acompañada da súa nai Geli, estiveron un bo tempo conversando e repasando todo o proceso coa Alcaldesa Marta Valcárcel, e o Concelleiro de Deportes Edgar Martínez, quenes se mostraban unha vez máis abraiados pola humildade que proxecta Lucía logo dun éxito tan importante coma este.

No horizonte máis próximo está Santander, do 17 ao 30 de outubro, onde se celebrará o MUNDIAL e onde Lucía estreará a súa condición de Campiona de Europa para participar en varias modalidades:

-          Competición por selecciones

-          Competición individual

-          Dobles femininos

-          Dobles mixtos

Dende o Concello trasladámoslle a Lucía os nosos folgos para optar a todas as medallas, lembrándolle que xa é unha auténtica realidade como deportista de alto nivel e un espello para todos os nenos e nenas do noso Concello.

Parabéns e moita sorte Lucía!!!

Lucía Bádminton