O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven de rematar as obras de mellora de firme no barrio da Carqueixa, co fin de mellorar o estado da capa de rodadura actual, un camiño de 545 metros de longo con ancho medio de 4metros.

Os traballos a realizar son o desbroce e limpeza superficial do terreo con apertura de cunetas no terreo de tránsito en ambas marxes, barrido de firme e capa de rodadura realizada con mestura bituminosa en quente tipo AC16 SURF 50/70 S de 5 cm de espesor.

 

IMG 20220901 WA0008IMG 20220901 WA0010IMG 20220901 WA0011