O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha excursión ao Natur waterpark de Portugal, o vindeiro 23 de xullo.

Logo destes últimos anos estragados pola Pandemia, a recente saída ao Parque Warner de Madrid foi un absoluto éxito, polo que o Concello quere volver a saír coas persoas que o desexen, pero esta vez a un parque acuático máis propio do verán.

É unha oportunidade para viaxar en familia e/ou con amig@s, na que a diversión e as risas “fresquiñas” están aseguradas.

O prezo da actividade vai dende 35 aos 40€, sendo de balde para os menores de dous anos, no que se inclúe:

-          -Autobús

-          -Entrada ao parque

-          -Seguro de viaxe

-          -Guía acompañante

A comida non está inlcuída, pero se pode levar picnic (non están permitidos os envases de cristal).

Anotádevos na dirección de correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 661 046 592(vía whatsapp).

Inscricións ata o 15 de Xullo

ParqueAcuático