UN ALUMNO DO IES SALVATERRA DE MIÑO CONSEGUE O SEGUNDO POSTO NA SÚA CATEGORÍA, NA COMPETICIÓN “SKILLS GALICIA”

O alumno de FP Básica de Carpintería e Moble do IES de Salvaterra de Miño D. Jorge Solleiro Fernández, veciño de Salvaterra de Miño, conseguiu o segundo posto na súa categoría, Carpintería e Moble, na competición de Galicia Skills celebrada o pasado día 31 no CIFP Ferrolterra de Ferrol.

Segundo nos conta D. Enrique Pena López, profesor titor do noso alumno, o cal o acompañou durante as probas, a competición estivo moi reñida pois practicamente todos os institutos e centros integrados de Galicia asistiron á competición.

Jorge Solleiro tivo que fabricar un dispositivo de soporte para móbil e auriculares en madeira. O deseño é común para todos os alumnos participantes a fin de centrar a valoración nas  destrezas dos alumnos.

A entrega de premios celebrouse este pasado día 3 en Santiago de Compostela.

Foto1Foto2