FutbolSolidario

Os vindeiros 11 e 12 de xuño e nun paso máis nas relación da Eurocidade, Salvaterra de Miño e Monçao formarán parte dun Torneo Solidario sub-14 con denominación FRONTERA ZERO, e que terá como sedes o Estadio Manuel Lima (Monçao) e o Campo Municipal de Dextros (Salvaterra).

Este torneo persegue converterse en referente no cruce da fronteira entre España e Portugal, polo que é preciso contar  con clubes importantes dos dous países para calibrar o alto nivel que existe e, sobre todo, fomentar as relacións humanas entre clubes, adestradores, xogadores, pais e nais que están inmersos nesta actividade deportiva día a día.

O torneo tamén ten como obxectivo  axudar e dar visibilidade a unha academia de fútbol situada en Guinea Bisáu, o INTER G.B (Academia Internacional da Guiné- Bissau) xa que, entre outros motivos, varios dos xogadores que hoxe son parte da plantilla do Desportivo Monçao, se formaron nesta Academia e son nados neste país africano, colonia do noso país veciño  durante o  século XIX e denominada Guinea Portuguesa ata a súa independencia no ano 1973.

É indubidable as boas relacións entre estes dous países e de ahí que naza este proxecto integrador que ten no deporte, neste caso no fútbol, o seu eixe principal.

Ademais da participación dun equipo desta Academia, entre os clubes españois e portugueses de prestixio estarán:

     - Real Clube Celta

     - Real Valladolid

     - C.D. Lugo

     - Río Ave

     - Vitória S.C.

     - S.C. Braga

Eclogobal Sports tamén quixo contar coa participación especial dos dous clubes anfitrións para esta 1ª Edición, como son o Clube Desportivo de Monçao e as E.D.SALVATERRA, polo que teremos participación salvaterrense nun evento tan fermoso e solidario coma este, onde co intercambio cultural como bandeira, implicaranse outros valores fundamentais no desenvolvemento dos xóvenes deportistas como son a integración, a deportividade, a disciplina e o respeto. 

Dende o Concello damos invitación a todas as persoas que desexen pasar unha fin de semana cultural, deportiva e de balde, para que asistan ao Campo Municipal de Dextros e ao Estadio Manuel Lima  na que será unha experiencia pioneira multicultural da chamada Eurocidade.

SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ UN TORNEO INTERNACIONAL SOLIDARIO  SUB-14 DE FÚTBOL, EN COLABORACIÓN CON MONÇAO E CON ECLOGOBAL SPORTS

Os vindeiros 11 e 12 de xuño e nun paso máis nas relación da Eurocidade, Salvaterra de Miño e Monçao formarán parte dun Torneo Solidario sub-14 con denominación FRONTERA ZERO, e que terá como sedes o Estadio Manuel Lima (Monçao) e o Campo Municipal de Dextros (Salvaterra).

Este torneo persegue converterse en referente no cruce da fronteira entre España e Portugal, polo que é preciso contar  con clubes importantes dos dous países para calibrar o alto nivel que existe e, sobre todo, fomentar as relacións humanas entre clubes, adestradores, xogadores, pais e nais que están inmersos nesta actividade deportiva día a día.

O torneo tamén ten como obxectivo  axudar e dar visibilidade a unha academia de fútbol situada en Guinea Bisáu, o INTER G.B (Academia Internacional da Guiné- Bissau) xa que, entre outros motivos, varios dos xogadores que hoxe son parte da plantilla do Desportivo Monçao, se formaron nesta Academia e son nados neste país africano, colonia do noso país veciño  durante o  século XIX e denominada Guinea Portuguesa ata a súa independencia no ano 1973.

É indubidable as boas relacións entre estes dous países e de ahí que naza este proxecto integrador que ten no deporte, neste caso no fútbol, o seu eixe principal.

Ademais da participación dun equipo desta Academia, entre os clubes españois e portugueses de prestixio estarán:

Real Clube Celta

Real Valladolid

C.D. Lugo

Río Ave

Vitória S.C.

S.C. Braga