Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A contorna do centro escolar será un lugar máis seguro grazas a un investimento de 186.000 euros financiado nun 80% pola institución provincial en un 20% polo Concello de Salvaterra de Miño a través do Plan Concellos

No día de hoxe arrancaban as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo Concello de Salvaterra.

As actuación servirán para mellorar a seguridade e mobilidade das persoas ao realizar un camiño escolar seguro cara o colexio de Leirado. Ademais, executarase unha senda peonil de 2,5 m de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, reducirase a velocidade a 30 km/h diante do centro escolar e executarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do colexio de forma segura.

Tamén se creará unha beirarrúa de formigón coloreado que dea continuidade ao itinerario peonil e unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. Finalmente, as obras contemplan a execución dunha nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

Obras Leirado

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia