Colocación da decoración de Nadal elaborada polo alumnado de Carpintería do IES Salvaterra de Miño.

Dende hai anos o IES Salvaterra, a través do departamento de carpintería, leva colaborando e participando activamente na decoración de Nadal do Concello de Salvaterra de Miño. Un dos moitos proxectos de colaboración que existen entre o Concello e os diferentes centros educativos do municipio e que ano a ano pretende ir incrementando a decoración que se ofrece, sobre todo aos máis cativos.

Empezouse con pequenas casas, coas figuras das Súas Maxestades os Reis de Oriente, co trineo e os renos de Papá Noel e agora estas figuras que decoran a entrada do municipio.

Dende o Concello queren agradecer o traballo feito ao departamento de Carpintería e a todos os alumnos e alumnas que participaron neste proxecto de Nadal.

FELICES FESTAS!!

DecoracionNadal