Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Venres ás 10,00 h. tivo lugar no CEIP de Leirado un acto de recoñecemento ao traballo da persoa que durante 15 anos liderou o equipo de biblioteca do centro, biblioteca incluída no Plan LIA-2.

Ao acto asistiron D. César Pérez Ares, Xefe Territorial de educación da provincia de Pontevedra; Dna. Marta Valcárcel, Alcaldesa do Concello de Salvaterra; D. Manuel Torres, Inspector Xefe; D. Carlos Antuña, Inspector do centro; D. Francisco Díaz, Asesor de Bibliotecas Escolares de Galicia; e Dna. Carmen Vaz, asesora do CFR de Vigo acompañando ao alumnado, profesorado e equipo directivo do centro.

Neste acto, a Comunidade Educativa do centro agradecía a oportunidade dada pola Administración Educativa de formar parte dos centros incluídos no plan LIA-2 e o traballo realizado por quen fora coordinadora da biblioteca escolar ata o momento da súa xubilación, Dna. Aurora Ramilo e que a situaron na vangarda dos espazos educativos. Unha biblioteca con todos os recursos necesarios para adaptarse ás novas formas de informarse e aprender e con recursos para todo tipo de actividades, intereses e capacidades.

Neste acto descubriuse unha placa conmemorativa que nomea á biblioteca do centro como “Biblioteca Aurora Ramilo”.

IMG 20211022 WA0013IMG 20211022 WA0014IMG 20211022 WA0015IMG 20211022 WA0016

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia