Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

ADXUDICADA A OBRA DE MELLORA DE MOBILIDADE PEONIL NA EP-4006 EN LEIRADO 

A contorna do centro escolar será un lugar máis seguro grazas a un investimento de 186.000 euros financiado nun 80% pola institución provincial en un 20% polo Concello de Salvaterra de Miño a través do Plan Concellos

ObrasSalvaterra xa ten adxudicada a mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo Concello de Salvaterra.As actuación  servirán para mellorar a seguridade e mobilidade das persoas ao realizar un camiño escolar seguro cara o colexio de Leirado. Ademais, executarase unha senda peonil de 2,5 m de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, reducirase a velocidade a 30 km/h diante do centro escolar e executarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do colexio de forma segura.Tamén se creará unha beirarrúa de formigón coloreado que dea continuidade ao itinerario peonil e unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. Finalmente, as obras contemplan a execución dunha nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

 

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia