EMPEZAN AS OBRAS DE ASFALTADO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS EN CRISTO (MEDER) E BARREIROS (PORTO)

O Concello de Salvaterra de Miño informa que veñen de iniciar as obras de mellora de firme nos camiños municipais de Cristo – Meder e Barreiros – Porto, que se acometen ao abeiro do Plan de Infraestuturas Rurais da Xunta de Galicia.

Trátase de dúas obras de asfaltado en camiños municipais, por un lado en Cristo (Meder) onde se realizará unha limpeza de marxes con apertura de cunetas ao longo dos 614 metros de actuación para seguidamente estender e compactar unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente nunha superficie de 2.807m2. Do mesmo xeito farase a limpeza de marxes e apertura de cunetas nos 195 m do camiño de Barreiros (Porto) para posteriormente votar a capa de mestura bituminosa nos seus 585m2

IMG 20210601 WA0008IMG 20210601 WA0009IMG 20210601 WA0010IMG 20210601 WA0014IMG 20210601 WA0016