Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A REGATA DE PIRAGÜISMO DE LONGA DISTANCIA QUE PERSEGUE SER REFERENTE EUROPEO, CUNHA DAS PROBAS DESTE ANO EN SALVATERRA DE MIÑO

 

O pasado venres 22 presentouse en Catrelo de Miño a GOLD RIVER RACE, unha proba de piragüismo de longa distancia que nace nas augas continentais galegas e que pretende instaurarse e confirmarse como referente Europeo e Mundial de aquí a pouco tempo. É intención dos organizadores, lograr que sexa a competición deste estilo máis longa do mundo, superando as que se organizan en ríos e augas interiores de Arxentina e de Brasil.

A proba será do 24 ao 27 de Xuño, congregando aos mellores k2 de España, sendo o día 24 para facer entrenamentos e os seguintes 3 días os das etapas da proba, tendo, Salvaterra de Miño, o privilexio de recoller a chegada da última etapa e facer a entrega de premios a @s deportistas. Estímase que ao redor de 200 especialistas mundiais acudirán no estreo da GOLD RIVER RACE, que navegarán as augas galegas confirmando, deste xeito, que Galicia e a súa contorna hidrográfica supoñen un marco envexable para do desenvolvemento dunha proba desta magnitude.

Este ano a duración das estapas veñen marcadas pola pandemia, axustando un pouco as distancias á situación actual, pero serán ao redor de 100km.

Dende a organización sinalan  que as etapas percorrerán paisaxes apasionantes polos ríos de ouro na Ribeira Sacra entre Quiroga e os Peares; no Ribeiro entre Ourense e Castrelo de Miño e no Albariño entre Crecente e Salvaterra de Miño. Agora mesmo sería a competición por etapas, dentro do piragüismo, máis longa das que se celebren en Europa.

Polo tanto, o Noso Concello está de noraboa, situándose como protagonista de privilexio dun evento deportivo que dará moito que falar no mundo do deporte mundial.

GoldRiverRace

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia