Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Asociación de veciñas e e veciños de Arantei pon en funcionamento un punto de lectura e de intercambio de libros, no que era a antiga escola da parroquia, que foi   rehabilitada nos últimos anos polo Concello, e que agora mesmo é a sede desta Asociación.

Con esta actuación en conxunto o que se busca é achegar a lectura ás parroquias. Este espazo estará xestionado pola Asociación coa doazón de libros por parte da Biblioteca Municipal e de diversos veciños e veciñas, xa que todos aqueles que queiran poderán intercambiar ou simplemente doar aqueles libros que xa non utilicen, para que outros poidan desfrutar dos mesmos.

Este punto de lectura está situado na planta baixa deste edificio tan emblemático para a parroquia,   que foi adquirido polo Concello e adaptado a edificio escolar coa cooperación do pobo, datada no ano 1929, e que fai un par de anos foi rehabilitado polo Concello para darlle un uso social.

Estará aberto polas tardes os luns, mércores e venres de 18.00 a 21.00h.

PuntoLecturaArantei

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia