VilaMilenaria1

O 24 de maio conmemórase o Milenario da Vila de Salvaterra de Miño. Con motivo deste día o Concello de Salvaterra de Miño convida aos seus vecinos e veciñas, e a todos os que queiran,  os días 28, 29 e 30 de maio a que  pasen un día ameno e divertido coñecendo  a súa historia. Para iso o Concello deseñou uns mapas mediante os cales se poderán atopar algúns dos   monumentos, que sen dúbida nos levarán a facer un pequeno percorrido onde poderán gozar da parte histórica e do río, unha actividade familiar moi divertida e amena, onde tanto pequenos como maiores poden participar.

Estes mapas poderan descargarse da páxina web do Concello ou pedir na oficina de turismo.

 

IconoJPGDESCARGA MAPA1 

IconoJPG

DESCARGA MAPA2

 

Quen se anime a facelo terá un pequeno agasallo que poderán recollelo na Oficina de Turismo ubicada no Castelo de Dona Urraca, no Recinto Amurallado.

 

VilaMilenaria2