AGADER CEE.GAL

Rematadas as obras de mellora de caminos municipais en Corzáns e Pesqueiras. As obras incluídas neste proxecto consistiron na mellora da pavimentación de dous camiños municipais: o primeiro   atopase na Parroquia de Corzáns, concretamente entre os barrios de A Feira e A Torre; O segundo está situado na Parroquia de Pesqueiras e conecta os barrios de Gandarela e o Castelo.

Con esta acción o Concello de Salvaterra de Miño segue traballando no seu plan de     mellora da rede municipal de estradas e viais. En ambos camiños o firme actual é de aglomerado asfáltico, encontrándose este nun estado notablemente deteriorado, e por elo que se plantexa executar unha nova capa de rodadura sobre o pavimento asfáltico existente, para mellorar a calidade e seguridade de ambas carreteras.

Con esta nova pavimentación   pretendese mellorar o servizo que prestan estas dúas infraestructuras aos seus usuari@s, pois tratase de viais cunha relativamente elevada densidade de tráfico en relación as súas características. Unha obra executada cun orzamento de 45.790,03€, que o Concello leva a cabo a través do Plan Camiños 2020-2021, financiada mediante a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (da Consellería do Medio Rural) ó abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso á parcelas agrícolas por importe de 37.843€, asumindo O Concello o valor restante de 7.946,03€.

IMG 20210504 WA0013IMG 20210504 WA0014IMG 20210504 WA0016IMG 20210504 WA0019