Aviso

APROBACIÓN INICIAL DO INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS E DEREITOS DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

 

O Concello de Salvaterra de Miño ven de acordar no Pleno do 29 de marzo de 2021 a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Salvaterra, onde se recolle entre outros a definición de camiños públicos e bens municipais.

A situación sanitaria imposibilita que se poidan facer reunións nas parroquias informando do mesmo, polo que dende o Concello ponse a disposición de todos os seus veciños e veciñas o inventario para revisar e presentar as alegacións pertinentes na páxina web do Concello ftp://ftp1.concellodesalvaterra.gal/ -  utilizar navegador explorer ou mozilla), ademais os mapas e as fichas estarán a disposición no Salón de Plenos ou en secretaria do Concello.

O prazo de alegacións será de dous meses dende a súa publicación no BOP.