O Concello de Salvaterra de Miño segue coas obras de ampliación da rede de saneamento municipal, e nesa liña ven de iniciar as obras nos barrios de Ermitas e Couto, na parroquia de Salvaterra, e no barrio de Toucedo na parroquia de Alxén, con cargo o Plan Concellos 2020.

As actuacións que se están realizando consisten na limpeza, corte e demolición de firme, complementando   a rede de servizos existentes mediante a execución da rede de saneamento na zona e a reposición das gabias. As tres actuacións executadas nos Barrios de Salvaterra e Alxén teñen como fin último dotar de saneamento ás vivendas que non posúen dito servizo, para que se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral para o seu posterior tratamento. A obra consiste na canalización de tuberías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as actuacións complementarias: escavacións, pozos de rexistros nos puntos necesarios da nova rede e reposicións.

En total está previsto executar 782 metros de tubería de PVC de 250 mm de diámetro nominal e a instalación de 20 pozos de rexistro nos puntos necesarios do novo colector. Os tramos a executar fluirán en colectores existentes, polo que as vivendas poderán conectarse á rede de saneamento actual una vez rematada a obra, cun prazo de execución de dous meses.

O presuposto desta obra ascende á cantidade de 72.319,92€ que levará a cabo O Concello a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

SaneamentoErmitasToucede