Este venres empezaron as obras de mellora da pavimentación en Bugallar e Cernadas, na parroquia de Lira.

Estas obras consisten na mellora da pavimentación de dous camiños municipais que se atopan actualmente nun avanzado estado de deterioro, polo que se fará una renovación completa da capa de rodadura. Para a pavimentación definitiva estenderase e compactarase unha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70 D.

Coas obras que se expoñen neste proxecto preténdese mellorar o servizo que ofrecen os camiños, xa que son viais moi empregados polos veciños e veciñas da zona.

Por un lado executarase unha limpeza de marxes coa apertura de cunetas ao longo dos 388 metros de actuación e seguidamente estenderase e compactarase unha capa de 5cm de espesos de mestura bituminosa nun total de 1.320,65 m2. Establecéndose un prazo de execución das obras dun mes, de acordo co programa de traballos establecido.

O Presuposto para a execución desta obra ascende á cantidade de 20.434,40€, que O Concello de Salvaterra de Miño levará a cabo a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

IMG 20210326 WA0008IMG 20210326 WA0010