Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

Situada na parroquia de Alxén, a coñecida como casa de Bugallal por ter sido propiedade desta familia en épocas precedentes, é a que, de xeito máis apropiado, ven a chamarse quinta do Piñeiro, denominación que precisa o seu anterior carácter de finca de recreo ubicada no rural.

O edificio está formado por dous corpos de plantas cuadrangulares desiguais, tanto en superficie como en altura, e con cubertas a catro augas. Cabe destaca-la balconada que, a modo de solaina, presenta una columnata que denota certa inspiración clásica.

Foto1O acceso iníciase a partires dun portalón monumental, do que se conserva o lenzo central, no que se abre unha porta de arco de medio punto dende a que un paseo nos conduce ó pe da casa, onde se pode ver un pequeno xardín cunha fonte de pedra de taza rectangular que leva esculpidos na fronte uns chamativos mascaróns, formando un conxunto que, pola traza, parece do século XVIII. Díse que procede do pazo da Picoña, en Salceda de Caselas.

A poucos metros da casa atópase unha capela que data de 1919, e que viu a sustituir a outra construcción anterior. Fronte a ela elévase un frondoso magnolio cun toro dun diámetro superior ós tres metros, e no xardín tópase un típico cruceiro.

No suave desnivel ata a carretera que bordea a propiedade, o terreo, dunhas cinco hectáreas, está repleto de cepas de una uva albariña que datan dos ano 70 e que producen o viño da adega Lusco do Miño da que este pazo é sede.

Foto2O estado de conservación exterior do pazo é moi bo, mentras que o acondicionamento interior estase levando a cabo por fases. A planta baixa está destinada a adega.

A fachada da casa está presidida por dous pequenos escudos. O primeiro presenta as armas de Pereira de Castro, acompañadas dun xaquelado posiblemente dos Ocampo- e o que parece ser unha cabeza de lobo e que correspondería os Moscoso. O segundo escudo mostra os blasóns dos Oya, Ulloa e Ozores. Confírmase así a relación que gardou este pazo coa coñecida como "casa do escudo", situada no lugar de Sequeiros, na parroquia de San Salvador de Cristiñade, en Ponteareas.

 

Octubre 2017
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
HorariosBusA
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia