Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

Foto1No dintel da porta de acceso ó patio pode lerse a inscrición "AÑO DE 1759", que non ha de significar necesariamente a data de construcción da casa, xa que se téñen referencias documentais que citan ós Avalle como veciños desta parroquia de Corzáns no século XVI.

Levantaron esta casa-torre os mesmos Sarmiento que señorearon o Sobroso e o Val das Achas. Preto de Petán atópase a Capela de Nosa Señora do Carme, que garda no seu interior enterramentos dos señores de Petán con inscricións e armas dos Sarmiento e Pereira de Castro (alusivas a Diego e Julián Pereira de Castro e Avalle, do ano 1752, e orladas de bandeiras, picas e outras insignias militares).Foto2

Dúas son as compoñentes arquitectónicas a destacar da Casa-Torre de Petán:

O amplo panel do que forma parte o portalón, de boa sillaría e rematado por unha cornisa moldurada con pináculos piramidais de bola. Sobre o portalón está un escudo coidadosamente traballado e coroado por unha cruz de pedra entre pináculos. Polo exterior do muro transcurría o camiño de Petán, que segundo di a xente era o camiño que ía a Madrid.

EscudoO outro compoñente é a mesma torre, que se alza nun dos extremos do edificio. Ten planta cadrada, con gárgolas angulares de desagüe en forma de cañóns e almeaxe entre o que se intercalan remates piramidais similares ó do Portalón. Interiormente, un gran arco dobre sostén a planta superior, a que se accede dende un patio cerrado por unha escada de pedra adosada ó muro da torre.Foto3

O escudo do portalón representa os distintivos heráldicos dos Sarmiento, Ozores, Sotomayor ( quizais Valladares) e, posiblemente, Mariño. Sobre o escudo tópase unha gran coroa condal bolada na que se repiten os trece roeles dos Sarmiento, mentras uns lambrequíns decoran todo o seu contorno.

O estado de conservación do edificio é desigual por estar repartido entre tres familias. A parte esquerda, inmediata á torre está sendo restaurada.

 

Junio 2017
L M X J V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2
SanXoan
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia