A Cámara de Comercio de Vigo é unha Corporación de Dereito Público cuios fins son:
a. Representación, promoción e defensa dos intereses xerais do comercio, a industria, os servicios e a navegación
b. A prestación ás empresas de servizos que lles axuden a mellora-la súa competitividade.
Forman parte do Censo da Cámara tódalas persoas naturais ou xurídicas que exercen actividades comerciais, industriais, navieiras e de servizos, suxeitas ao Imposto de Actividades Económicas, no ámbito da súa demarcación xeográfica.
Tamén poderá atopar:
- Asesoramento para crear unha empresa.
- Apoio a mulleres empresarias.
- Técnicas de xestión.
- Formación Profesional.
- Axudas e subvencións.
- Seleción de personal.
- Información europea.
- Novas tecnoloxías para pymes.
- Facilidades para exportar.
No Concello de Salvaterra de Miño, a Cámara de Comercio ten unha delegación aberta ubicada no segundo andar do propio Concello.
Par mais información poden consultar na web www.camaravigo.com