A OCUPACIÓN PORTUQUESA.
Dende 1580 ata 1640 o reino de Portugal estivo unido a España, por imposición de Felipe II. Debilitado o reino español polos conflictos en Flandes e Italia e polo enfrentamento con Francia, producíronse as insurrecións de Cataluña e Portugal.
En Lisboa, o 1 de decembro de 1640, prodúcese a proclamación de Independencia e nomeamento do Duque de Braganza como rei de Portugal co nome de Juan IV. É o preludio da guerra hispano-lusa.
Salvaterra foi ocupada polas tropas do xeneral Juan Rodrigo de Vasconcelos e Souza, Conde de Castel-Melhor o 31 de maio de 1647.
Entón era gobernador da vila de Salvaterra un portugués, Gregorio López de Puja quen falou co conde Castel-Melhor para abrirlle as portas da vila. Ainda que as xentes enfrentáronse con gran valentía ós portugueses, os soldados lusos fortificáronse na casa do conde ausente e dende alí rexeitaban os contraataques dos españois.
Un cronista portugués describre con precisión a praza: "Salvaterra situada sobre el río Miño es capaz de 500 vecinos con un castillo, que llaman Pazos del Conde, y aunque no esté amurallado, tiene alrededor trincheras, con foso, que pareceía no poder atacarse si no es mediante foso". Ademaís existía nas proximidades da zona amurallada un rico convento Franciscano, mandado construir polo Conde de Salvaterra.
Realizouse a construcción da muralla de pedra para fortaleza-la praza. Os portugueses deixaron a súa impronta coa construcción do Oratorio da Virxe da Oliveira e nos escudos que máis tarde os españois borraron. Durante este tempo a vila é conocida como Salvaterra de Portugal.
Os asedios das tropas españolas sobre Monzón e Salvaterra foron dilatados. O exército luso sufriu a perda do seu xeneral Castel-Melhor. A praza de Monçao foi ocupada o 7 de xanerio de 1659 e dez días maís tarde as tropas do Marqués de Viana liberaron Salvaterra.
CONSTRUCCIÓNS DEFENSIVAS.
Para evitar que as tropas portuguesas se extendensen cara ó interior do val do Tea ou cara á praza de Tui, o exército galego construiu unha serie de edificios para evitar esas correrías. O castelo de Santiago de Aytona foi a construcción maís destacada.
Este castelo foi construido polo capitán xeneral de Galicia D. Guillén Ramón de Moncada, Marqués de Aytona, que o consagrou ó apostol Santiago. O seu plano permitenos comprobar a forma de estrela. Nunha carta que o acompaña noméase o enxeñeiro constructor, Juan Ruiz de Quecedo, e a distribución das milicias. Esta atalaia tivo unha importante participación no asedio de Monçao.
As fortificación da Fillaboa estaban construidas con pedras misturadas con barro e os seus correspondentes terraplés. O coetáneo e historiador Frei Felipe de la Gándara describíaa: "...el castillo de Fillaboa con cuatrocaballeros, capaz de 500 hombres, con todas sus fortificaciones, costó 40.000 ducados".
Este mesmo autor reférenos que a atalaia de San Pablo de Porto, construida en oposición do castelo portugués de Lapela, era capaz para 500 homes e costará 10.000 ducados.
Unha das principais consecuencias da guerra foi que Salvaterra perdeu case toda a súa poboación. Os monxes franciscanos trasladáronse á cidade de Tui e despoís pasaron ó barrio pontareán de Canedo. O Pazo dos Condes foi destruído e só quedou a iglesia parroquial, con influencias renacentistas na súa fachada, algúns cuarteis e un reducido número de veciños. A maior parte deles vivían nos distintos barrios de fóra da muralla.
A praza conservaba un gobernador militar nomeado pola súa maxestade. Tiña un xuiz ordinario con xurisdición no contencioso e gobernativo, non só sobre o pobo de Salvaterra senón tamén sobre as parroquias de San Paio de Alxén, San Pedro de Arantei, San Miguel de Cabreira, Santa Marina de Pesqueiras, San Andrés de Lourido, San Salvador de Leirado, San Paio de Fiolledo, Santa Marina de Oleiros, parte de Santa Columba de Soutolobre. Sobre os lugares de Martín e Goinde en Fornelos, ademaís doutras parroquias que na actualidade non pertencen ó Concello de Salvaterra de Miño.
No Catastro de Ensenada aparecen recollidos 2.036 veciños no territorio municipal.