Unha vez que os Concellos somos coñecedores das franxas horarias e das medidas ditadas polo Ministerio de Sanidade para poder correr ou pasear, segundo tramos de idade, a partir do sábado día 2,
ESTE CONCELLO INFORMA:
1.-Que aqueles veciños e veciñas que acudan tan só a camiñar, deberán observar a restrición dun quilómetro de distancia respecto o seu lugar de residencia, polo que moitos non poderán acudir as diferentes rutas de sendeirismo.
2.-Os veciños e veciñas que saian a correr non terán límite de distancia, só o limite do termo municipal, segundo establece a orde ministerial, polo cal poden acudir a facer deporte a calquera das rutas de sendeirismo que ten habilitado este Concello
https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=4228803
3.-Queda prohibido o uso de bicicletas, patíns ou monopatíns en calquera senda, por non poder garantirse a distancia interpersoal con terceiros dun mínimo de dous metros, tal e como di a Orde Ministerial.
4.- Para circular en bicicleta poderán facelo por calquera vía pública que cumpra as medidas de distancia interpersoal.
Recordamos a todos @s veciñ@s que deben cumprir as normas de uso e as medidas de seguridade marcadas polo estado.