ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2018 dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro.(DOG 5/1/2018).

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180105/AnuncioG0244-201217-0005_gl.html