ORDE do 18 de maio de 2017 pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012. Prazo de presentación de solicitudes :O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.(DOG 24/05/2017)

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170524/AnuncioG0423-190517-0002_gl.html