O concello de Salvaterra de Miño vai a ser un dos poucos de Galicia que contará con 50 bicicletas de paseo de forma gratuíta,  que poderán utilizar os veciños e visitantes os venres, sábados, domingos e festivos, para percorrer o Casco Urbano, o carril bici e as sendas dos Ríos. Así o que o desexe poderá facer de forma natural unha ruta polos 25 km de sendas que temos polos ríos (Mendo, Miño e Tea), o Recinto Amurallado e a Ponte Medieval. Ademais este verán poderán ser os primeiros en facer a senda entre Salvaterra e Tui, hasta o Río Caselas, que este verán quedará rematada.

Con iniciativas como esta o que se pretende é fomentar o deporte e hábitos saúdables entre os seus veciños e veciñas, o uso de medios de transporte ecolóxico e acercar a natureza e o propio patrimonio a todos e a todas, ademais de ser un reclamo para as miles de persoas que se achegan a nosa Vila buscando tranquilidade e lecer, a parte dunha boa gastronomía , segundo manifesta a 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Medio Ambiente Marta Valcárcel Gómez. Salvaterra de Miño é Vila Milenaria, Capital do Viño do Condado do Tea, pero sobre todo é un  Xardín sobre o Miño, sendo o Parque Público A Canuda un dos reclamos turísticos máis importantes do sur de Galicia.

O Posto de entrega das bicicletas está situada no cruce de  entrada do Parque Público A Canuda, e todos aqueles que desexen utilizar este servicio so teñen que dirixirse a ela  en horarios de 09.00 a 13.00h ou de 18.00 a 22.00h (horario de verán) e cubrir os impresos necesarios, presentando o seu DNI, pasaporte ou carnét de conducir. Os menores de idade poderán utilizar este servicio sempre que o formulario sexa asinado por unha persoa maior de idade que se responsabilizará do menor e da bicicleta, ou que o menor de idade comprendida ente os 15 e os 18 anos presente autorización expedida polo Concello de Salvaterra de Miño.

Bicicletas