Salvaterra entregou os seus “XIII PREMIOS DE EDUCACIÓN – CURSO 2017/2018”

Este Concello foi pioneiro en valorar a excelencia académica dos seus estudantes.

Segundo a 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel Gómez, os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’  naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais.

Estes galardóns premian a excelencia do   alumnado  do Instituto de Educación Secundaria e máis dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe,  CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, segundo as bases do propios premios que foron entregados esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra.

Os premiados cos lotes informáticos compostos por unha ‘Tablet Samsung Galaxy’, funda,  Powebank e tarxeta de memoria de 32 GB, foron os seguintes:

.- Polo CEP Carlos Casares de Alxén: Eva Fernández Acuña e Ana Bernárdez Colaci

.- Polo CEIP de Leirado: Miguel Ángel Arnadáns Rodríguez e Ainoa Cambra Costas

.- Polo CEIP Infante Felipe de Borbón: Ariadna Pereira Campos, Iris Abril Teijeira, Daniel Pereira Cambra, Nerea Pereira Araujo e Idaira López González

.- Polo IES de Salvaterra de Miño:

            ESO: Laura María Cadilla Alves, Alba Presa Lorenzo e Alex Rodrigues Rodríguez, cunha mención especial a Alba Porto Castro

            CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRERÍA: David Vázquez Groba

            FP BÁSICA DE CARPINTARIA E MOBLE: Roberto Domínguez Puentes

Os  tres mellores expedientes  de 2º de Bacharelato, que acadaron as bolsas de estudo que consistirán nunha viaxe a Reino Unido – Worthing (costa sur de Inglaterra) co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A bolsa inclúe os seguintes servizos:  viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en pensión completa, curso de inglés xeral de 3 semanas con profesorado nativo, material escolar, certificados, actividades, programa social, excursións, tarxeta de transporte e seguros son:

            Uxía Lage Vidal, Leonardo David Rodríguez Alvarado e Candela González Calvar

            Neste apartado tamén houbo unha mención especial para Sara Domínguez Rodríguez


Temos que recordar que o noso Concello foi un dos primeiros e dos poucos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” os mellores estudantes foi froito da colaboración e traballo conxunto entre a administración local e os centros educativos do municipio para fomentar o traballo nas aulas e de paso, evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado.

PremiosEducacion1PremiosEducacion2