O Concello de Salvaterra de Miño organiza un ano máis os campamentos de verán, dentro do programa de conciliación familiar, para nenos e nenas con idades comprendidas dende os 4 aos 18 anos, ofrecendo máis de 350 prazas.
Un programa diverso, con actividades variadas, que buscan facilitar a conciliación da vida laboral e familiar nos meses estivais, ademais de incentivar a convivencia e a participación dos nenos e nenas. Este ano amplíanse os horarios dos campamentos, tanto para os máis pequerrechos como para os maiores, ofrecendo un horario que pode ir dende ás 09.00 hasta as 14.00h, durante o mes de xullo.
Como xa é costume, ofertase un curso de cociña saudable, para os rapaces e rapazas de 14 a 16 anos ( do 9 ao 13 de xullo) co fin de que aprendan a comer e a elaborar comida saudable, e un curso de Inglés, de 10 a 18 anos ( os mércores de xullo e agosto) de nivel pre-intermedio e intermedio.
Ademáis destas actividades e campamentos gratuítos, o Concello leva a cabo nos meses de xullo e agosto os cursos de natación, que acolle nenos e nenas dende os 4 anos a adultos, onde preto de 100 alumnos e alumnas aprenden e melloran a súa técnica.
Máis de 350 prazas para un verano pensado e enfocado cara os máis cativos.
Solicitude de Campamentos.
Solicitude de Cociñas.