CartelMercadoO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UNHA XORNADA DE PROMOCIÓN DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE NO MERCADO MUNICIPAL, DENTRO DA CAMPAÑA  “QUERE O TEU MERCADO”

O próximo 15 de maio, dentro do programa autonómico “Quere o teu mercado”, o Concello de Salvaterra organiza na súa Praza de Abastos unha xornada de promoción da alimentación saudable  coa nutricionista Ana Laura Fariña Barco, que elaborará e repartirá receitas de menús saúdables con produtos do mercado, ademais de atender todas as dúbidas das persoas que se desplacen a Praza o martes, aproveitando que é día de mercado.

Ademais un grupo de nenos e nenas o IES Salvaterra desplazaranse  ata o mercado cun dobre fin, por un lado para por en valor e que coñezan de primeira mán como funciona e que produtos se venden nunha Praza de Abastos e por otro adquirir uns hábitos saudables na súa dieta. A través dunha exposición de merendas saudables onde os rapaces e rapazas desfrutarán de diversas alternativas para a súa merenda dunha forma sana e divertida, introducindo hábitos saudables dende idades temprás, xa que somos o que comemos.

Así que se queres aprender a comer sano ou simplemente xa o fas e queres facer unha consulta a nosa nutricionista so tes que acercarte ao mercado o próximo martes 15 de 10.00 a 14.00h.

Xa sabes, ESPERÁMOSTE!!!

FotoMarta