O Día da Educación Física na Rúa é unha iniciativa do CEIP Infante Felipe de Borbon e ADA Salvaterra e salir á rúa con todos os seus alumnos a impartir as súas clases. O seu obxectivo era mostrar aos veciños o que era a actual Educación Física e como é o traballo que se realiza no aula.
Este día reúne a estudantes, profesores e monitores deportivos e os fai protagonistas na Plaza do Concello de Salvaterra de miño baixo o lema “Estilo de Vida activo para tod@s e para sempre”. A promoción e a divulgación corre a cargo do CEIP Infante Felipe de Salvaterra e ADA Salvaterra que asesoran o centro e docentes que desexen participar e coa colaboración do Concello.
OBXECTIVOS
• Mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades
• Promover a difusión de actividade física saudables pouco coñecidas
• Dar a coñecer a nova Educación Física: integradora, variada e divertida, orientada a transmitir hábitos de vida Saudable
• Transmitir os valores que a práctica da actividade física axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación, empatía
• Fomentar a práctica de actividades físicas variadas e en compañía para o benestar físico, psíquico e social.
• Mostrar á sociedade parte do traballo realizado nas clases de Educación Física
• Promover a necesidades dun aumento de horas de Educación Física no sistema educativo en sintonía coa opinión do Ministerio de Sanidade, o CSD, a UNESCO e a OMS.
• Concienciar dos alto índices de sedentarismo no noso país, co conseguinte problema de saúde e elevado coste sanitario.
• Animar á sociedade a adoptar un estilo de vida activo.
Mais información
656 261542
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.