Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Xefe Territorial de Educación e a 1ª Tte de Alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Don Cesar Pérez Ares e Dona Marta Valcárcel Gómez,  visitaron este xoves os traballos que están realizando os rapaces e rapazas  do IES Salvaterra de Miño ao redor da Semana da Ciencia, que organiza o Centro e que conta coa que colabora o Concello

Sete días onde os alumnos e alumnas do IES realizan e ensinan a facer diferentes experimentos e accións aos seus compañeiros, e aos nenos e nenas de primaria do resto de centros do municipio  que durante unhas horas visitan  o centro e son tamén partícipes destas xornadas.

Todos os días da semana lévase a cabo a gravación en directo das actividades, obradoiros de papel reciclado e xabóns, accións de compra con sentidiño, concurso “lemas cos símbolos”. Teñen exposicións permanentes de libros, recursos naturais de Galicia, de compostaxe..., ademais da realización de diferentes experimentos e actividades, co fin único e exclusivo de ensinar divertíndose. Deste xeito tan ameno os alumnos e alumnas  do centro poden por en práctica os coñecementos adquiridos e ver en vivo e en directo a súa aplicación, dunha forma moi didáctica e amena. Tamén hai cabida para conferencias de temas moi diversos, que van dende o noso monte, a doazón, a xeoloxía, a contaminación acústica e a compostaxe.

No día de hoxe podemos desfrutar de diferentes actividades como a mostra de robots con programación por bloques feita polos de 2º de Bacharelato, o concurso de mesturas, elaboraron pasta de dentes ecolóxica, vimos como destilaban e conseguían fragancias de eucalipto, de funcho... e a ciencia cerámica entre outros.

Dende o Concello queremos por en valor tanto o traballo e a implicación do alumnado como a do propio Centro, que de forma continua, a través de diferentes programas e accións están buscando sempre a motivación e a implicación dos seus alumnos e alumnas, un traballo admirable!!

Foto1Foto2

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia