O SOMBREIREIRO LOCO GAÑADOR DO CONCURSO DE DISFRACES DO FESTIVAL INFANTIL DE ENTROIDO DE SALVATERRA DE MIÑO

Un ano mais os cativos e cativas tiveron o seu Festival Infantil de Entroido, organizado polo Concello de Salvaterra de Miño, con música, karaoke, concurso de disfraces, chocolate, rosca… pero sobre todo con moita diversión.

Entre os preto de 70 nenos e nenas que se presentaron ao concurso de disfraces escolleuse aos tres gañadores. O xurado tivo un traballo moi duro, onde tivo que puntuar a orixinalidade, o traballo do disfraz, a confección artesanal e a posta en escena. Despois do desfile de todos os participantes, e a difícil decisión, escolléronse aos gañadores deste ano, pero non sen antes felicitar a todos os nenos e nenas pola súa participación.

Os premios consistían, un ano máis, en tres vales, un 3º premio valorado nun vale de 50€, un 2º valorado en 75 e un 1º valorado en 100€ canxeables en roupa ou material infantil, que quedaron da seguinte forma:

                1º PREMIO: O Sombreireiro Loco – Samuel  Costas

                2º PREMIO: O Aviador – Iker Rodríguez

                3º PREMIO:  Alicia a través do espello – Lía Abreu

 

 20A4439  20A4516  20A4519