SALVATERRA DE MIÑO CONMEMORA OS DÍAS INTERNACIONAIS CONTRA O CANCRO, O DÍA DA MULLER TRABALLADORA E O DÍA DE ROSALÍA

O Concello de Salvaterra de Miño informa das diferentes actividades conmemorativas.

5 DE FEBREIRO:  Día Mundial Contra o Cancro. Ás 17.00h ACTIVIDADE INFANTIL, onde se construirá un lazo xigante no chan da praza do Concello e a continuación farase unha solta de globos en apoio a tod@s @s que sofren esta enfermidade.

24 DE FEBREIRO:  Día de Rosalía. Ás 17.00h ACTIVIDADE INFANTIL. Entre todos os asistentes realizarase unas chapas de Rosalía, e ao remate da actividade recitaranse varios poemas da autora galega.

8 DE MARZO:  Día da Muller Traballadora. Ás 17.00h ACTIVIDADE INFANTIL, o Labirinto da Igualdade.

Todas estas actividades realizaranse na Praza do Concello e  en caso de choiva as actividades suspenderanse.

DiasInternacionais