EN SALVATERRA AS CAMPANADAS CELÉBRANSE CON GUSANITOS E LACASITOS

O Venres día 29, as 12.00h, os nenos e nenas que participan no Campamento de Nadal, que se enmarca dentro das diferentes accións do Programa de Conciliación que organiza o Concello de Salvaterra de Miño, puideron disfrutar das campanadas, cuns cantos días de antelación, dun modo divertido, diferente e sobre todo festivo, enfocado directamente e exclusivamente para eles; e para iso desplazáronse ata a Praza do Concello e alí mesmo, cando deron as 12.00h estaban preparados para facer a súa singular despedida de ano. Alí estaba a Tenente de Alcalde, Marta Valcárcel, para acompañalos nesta particular celebración.

2 4