Aviso

Tras varias reunións mantidas cos responsables de Transportes, na última reunión en Santiago coa Conselleira e o Director de Transportes da Xunta de Galicia, o día 10 de outubro, o Alcalde  presentou as necesidades reais do transporte neste Concello, solicitando ampliación de liñas e modificacións de horarios. Nesa reunión manifestouse por parte dos responsables que se estudiarían para ter en conta.

Liña Uma –Viloacoba – Lira - Leirado – Salvaterra – Vigo (Álvaro Cunqueiro) de luns a venres saída de Uma ás 7.30, 8.50 e 16.10h, pasando por  Salvaterra ás 8.05, 9.30 e 17.05h , chegando a Vigo.  Regresos dende o Hospital Álvaro Cunqueiro ás 11.00, 15.15 e 20.45h, pasando por Salvaterra ( 12.15 - 16,25 – 22.05h)- Leirado- Lira- Vilacoba e chegadando a  Uma ás 12.50, 17.00 e 22.30h. Os sábados, domingos e festivos saídas dende Uma ás 9.10 pasando por Vilacoba – Lira – Leirado –Salvaterra(9.45) – Vigo  e regreso, saíndo do Hospital Álvaro Cunqueiro ás 12.30 e 18.30 – Salvaterra ( 13.45 – 19.45) con chegada a Uma ás 14.20 e ás 20.20h. Con esta solicitude dáselle cobertura a tres parroquias que quedaban sen liña de transporte (Lira – Vilacoba e Uma) e amplíase os horarios de paso pola parroquia de Leirado en ambas direccións.

Salvaterra estará unida con Vigo e co Hospital  Álvaro Cunquiero (pasando por Salceda ou Ponteareas):  

         . De luns a venres: Ás 6.45, 7.05, 8.05, 8.15, 9.30, 10.45, 13.45, 15.05, 17.05, 18.45, 19.05 e 20.45h.

         . Sábados, domingos e festivos 6.45, 9.45, 13.45, 16.15 e 20.45h.

Regresos do Hospital Álvaro Cunqueiro:

         . De luns a venres: 8.15, 9.00, 9.30, 10.00, 12.30, 13.30, 15.15, 17.00, 19.15, 20.45, 21.15 e 22.15h.

         . Sábados, domingos e festivos: 8.15, 12.30, 15.15, 18.30 e 22.15h.

As parroquias de Porto – Arantei e Cabreira quedarán atendidas pola liña nº 18 con dúas saídas e dúas chegadas pola mañán a Salvaterra.