Durante os días 9 e 10 de xuño, máis de 90 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participarán no XVII Congreso de ENFAMEC que se celebrará no IES SALVATERRA DE MIÑO coa finalidade de crear un lugar de encontro entre docentes, administración e empresariado, onde intercambiar experiencias e ampliar coñecementos desta especialidade formativa.

Na apertura do congreso, o venres 9 ás 17 na aula de Usos múltiples do IES, participarán o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, así como o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, o xefe territorial Educación, César A. Ares, o director do centro, Victor Costas e o o presidente de ENFAMEC,Francisco Javier Novelle.

Ademais dos relatorios, que abranguen temas como as mobilidades profesionais de alumnado e profesorado no estranxeiro, a implantación da robótica ou os procesos de fabricación e montaxe de estruturas mecánicas entre moitos outros, haberá tamén visitas ás empresas Megalta e Censa no Porriño.

Devandito congreso está organizado pola Asociación de Ensinantes de Fabricación Mecánica (ENFAMEC) e o IES de Salvaterra, e conta coa colaboración principal do Concello de Salvaterra de Miño, entre outros.

 20A8900  20A8904  20A8907