|

PRAZOS DO VOTO POR CORREO DOS RESIDENTES EN ESPAÑA:
| Solicitude do voto por correo ante calquera oficina do servizo de Correos |
do 6 de outubro ao 19 de novembro |
| A oficina do censo electoral remite documentación para votar |
do 9 ao 22 de novembro |
| Depósito do voto en correos |
do 10 ao 25 de novembro |
- O voto por correo pódese solicitar ata o día 19 de novembro en calquera oficina de Correos ou de forma telemática na web de Correos, sen necesidade de acudir presencialmente a unha oficina. Para iso terás que autenticar a túa identidade co DNI electrónico ou un certificado dixital válido.
- A Oficina do Censo Electoral enviarache a documentación necesaria para votar á dirección indicada a partir do 9 de novembro.
- Unha vez que recibas a documentación, elixe a papeleta de votación e introdúcea no sobre de votación, introduce o sobre de votación e o certificado de inscrición no censo dentro do sobre no que está escrita a dirección da túa mesa electoral.
- Leva leste sobre a unha oficina de Correos, onde terás que identificarte co DNI ou un documento análogo, e envíao por correo certificado gratuíto ate o 25 de novembro.
- En caso de non poder acudir persoalmente, o elector poderá autorizar a outra persoa para que o faga no seu lugar. Este representante deberá presentar para iso unha autorización, unha fotocopia do documento oficial acreditativo do elector e o seu propio documento oficial acreditativo. Para facilitar esta xestión, Correos facilita a todos os electores unha autorización modelo.
PRAZOS DO VOTO POR CORREO DOS ESPAÑOIS TEMPORALMENTE NO ESTRANXEIRO (VOTO ERTA)
| Solicitude do voto por correo ante as oficinas ou seccións consulares das embaixadas |
do 6 ao 31 de outubro |
| Envío por correo do voto por parte do elector |
Dende a recepción da documentación ata o 25 de novembro |
Se estás temporalmente ou de vacacións no estranxeiro, permanecerás nesa situación ata o día da votación e desexas exercer o teu dereito de sufraxio tes que:
- Cumprimentar o impreso de solicitude (pode recollerse en consulados ou embaixadas ou descargarse nas webs do Ministerio do Interior ou o Ministerio de Asuntos Exteriores) e presentar o impreso persoalmente no consulado ou embaixada ata o 31 de outubro , aínda que se recomenda formular a petición canto antes.
- Para poder formular a solicitude deberás estar rexistrado no rexistro de matrícula consular do país onde te atopes como non residente. A solicitude e a inscrición no rexistro de matrícula consular poden realizarse nun mesmo acto.
- A oficina do censo electoral remitiralle:
- Unha folla informativa.
- Papeletas e sobres de votación.
- Certificado de inscrición no censo electoral.
- Un sobre dirixido á mesa electoral que lle corresponda.
- Impreso para a devolución dos gastos de envío do voto por correo.
- Debe introducir no sobre dirixido á mesa electoral:
- Sobres de votación coa súa opción de voto.
- Certificado de inscrición no censo.
- Se así o desexa, o impreso cumprimentado para a devolución dos gastos de envío.
- O voto debe remitirse por correo certificado non máis tarde do día 25 de novembro.
|