A xornada combinará tradición, música e gastronomía, cunha esfollada tradicional, a actuación do grupo Naiama e un magosto para todos os asistentes.
A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro celebrará este sábado, 24 de outubro, unha nova edición da súa tradicional Festa da Esfollada do Millo, na área recreativa do Muíño da Ponte, en Corzáns, no concello de Salvaterra de Miño.
Esta celebración busca manter viva unha das tradicións máis representativas da cultura popular galega, recuperando os traballos comunitarios arredor da esfollada do millo nun ambiente festivo e de convivencia.
A programación dará comezo ás 16:30 horas, momento no que se iniciarán os labores da esfollada tradicional, acompañados pola música do grupo Naiama, que contribuirá a crear un ambiente de festa e tradición.
Como en edicións anteriores, as persoas asistentes tamén poderán degustar os xa tradicionais chouripáns. Para rematar o día, a asociación organizará un magosto con castañas de balde para todos os asistentes.
Desde a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro animan a toda a veciñanza e ás persoas que desexen achegarse a participar nesta celebración, pensada para compartir unha tarde de música e tradición nun ambiente fami


