A alcaldesa de Salvaterra de Miño, o concelleiro de Deportes e a Policía Local reuníronse para ultimar detalles de coordinación dunha nova edición da tradicional Marcha Ciclista das Letras Galegas.
Este ano a marcha sairá ás 10:00 da mañá dende a Praza do Concello e percorrerá distintas parroquias, a parada de avituallamento será nun paraxe único como é o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
A chegada final será tamén na Praza do Concello, onde haberá sorteos para tod@s, por cortesía dos patrocinadores do evento, diversas empresas locais que colaboran desinteresadamente para facer deste día tan sinalado do pobo galego, un día inesquecible para os máis cativos (que terán a medalla conmemorativa da proba).
Trátase dun evento con carácter solidario, polo que cada participante deberá aportar un alimento non perecedoiro ou de hixiene para o banco de alimentos municipal.
A vindeira semana abriranse as inscricións para participar no evento.

