Un ano máis, a Biblioteca Viaxeira percorre as parroquias de Salvaterra de Miño levando a maxia da lectura e da narración oral ós máis pequenos e pequenas da casa. Esta iniciativa, xa consolidada no calendario cultural do concello, busca achegar a literatura infantil e o gusto pola lectura ás contornas rurais, promovendo espazos de encontro arredor dos contos. Este outono, a actividade fai parada en dúas parroquias: Vilacoba, o xoves 10 de outubro ás 18:00 h, no Centro Cultural Arantei, o xoves 17 de outubro ás 18:00 h, tamén no Centro Cultural Nesta ocasión, o espectáculo escollido é "Un saco de contos", unha proposta de narración oral dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Trátase dunha sesión chea de historias tradicionais e literarias, seleccionadas para estimular a imaxinación, a escoita activa e o amor polos libros. A actividade é de balde ata completar aforo, e está organizada polo Concello de Salvaterra de Miño a través do programa de dinamización da lectura Ler conta moito promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de continuar fomentando a lectura e o acceso á cultura en todas as parroquias do municipio.

Cartel Biblioteca Viax