O pasado venres recibimos no Salón de Plenos do Concello a unha parte da expedición do Clube de Patinaxe Artístico Condado, logo de proclamarse novamente Campión da Copa do Mundo Grupo Show celebrada en Italia. Facendo do esforzo un modo de vida e do éxito unha rutina, estas patinadoras deixaron boa mostra unha vez máis do altísimo nivel que atesouran, e do que non podemos sentir maior orgullo. A Alcaldesa acompañada do Concelleiro de Deportes, fixeron entrega dunhas camisetas conmemorativas do éxito para todo o grupo. Dende o Concello agardamos que o CPA Condado manteña este nivel no que xa leva moitos anos, ainda que sabemos das dificultades que conleva. Non por gañar tanto significa que sexa doado, ainda que o fan tantas veces que xa nos acostumamos ós seus éxitos. Parabéns a toda a expedición, a todo o Clube e o seu adestrador Edu Caride, quen nunca deixa de traballar na procura de novos retos sobre rodas. Parabéns CPA CONDADO!!

CPA Condado