O vehículo 100% eléctrico, con gancho multifift e dúas caixas de recollida de residuos para desprazala dun lugar a outro permite recoller pequena chatarra electrónica, pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes entre outros.

O Punto Limpo Móbil destinado á recollida de residuos urbanos non convencionais naqueles puntos e eventos que o Concello estime de interese, favorece a prevención, a recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais.

Despois do éxito do primeiro percorrido polo municipio, o punto comeza a rodar de novo o vindeiro 6 de outubro e chegará ás 17 parroquias facendo parada en puntos estratéxicos de cada unha delas para faciliar o uso ós veciños e veciñas.

Os obxectivos principais que se acadan con este vehículo son a mellora do servizo de recollida de residuos especiais municipais, incrementan as porcentaxes de recollida selectiva de residuos de pequeno tamaño sen recollida convencional como pequenos electrodomésticos, pilas, baterías...; reforzan a recollida en puntos de especial afluencia de xente como poden ser feiras, festas ou outros tipos de eventos; contribuen desde o ámbito municipal ó cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas; e así introducen e popularizan entre a veciñanza de Salvaterra conceptos como a corresponsabilidade e de economía circular para que paulatinamente se vaia interiorizando por parte da veciñanza.

Punto Limpo Móbil OuPunto Limpo Móbil NoPunto Limpo Móbil Xa