SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA TRES SAÍDAS PARA MAIORES PARA OS VINDEIROS MESESO Concello de Salvaterra de Miño presenta as tres saídas que se realizarán dentro do programa de envellecemento activo, enmarcado no Proxecto do Programa de Cooperación INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 denominado “Red de Gobernanza del Río Minho Transfronterizo”, para maiores de 65 anos. O obxectivo deste programa, onde tamén se están realizando cursos, é promover un envellecemento activo mediante a actividade cognitiva, física e socioemocional, contemplando diversas saídas que axuden a socialización entre a poboación maior. Así durante este ano prográmanse as saídas gratuítas a Combarro o 28 de setembro, a Pontevedra o 26 de outubro e a Braga o 15 de novembro. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán inscribirse no 604073423. O programa de INTERREG contempla estas saídas grupais de confraternización e excursións conxuntas como vía para fomentar as relacións interpersonais e evitar situacións de illamento. En cada excursión realizse a viaxe en bus coa presenza dun guía acompañante e o correspondente seguro de viaxe.