O pasado 2 de xullo mantiveron unha reunión o departamento de RRHH e Dirección de Conservas Albo e o Concello de Salvaterra de Miño para presentar un proxecto de colaboración que comprenderá un curso de formación e posterior contratación do 60% durante 6 meses dos candidatos. Todo segundo o procedemento TR301P da Xunta de Galicia. "Accions formativas con compromiso de contratación".

A acción formativa denominada “Operacións Básicas de Elaboración de Conservas de Peixe" levarase a cabo nas instalacións de Albo, no Polígono da PLISAN, onde se ensinará o proceso de limpeza de túnidos, eviscerado de cefalópodos, corte de sardiñas, así como o proceso de empaque. O Concello dará publicidade e difusión, a través de diferentes medios, desta formación á que poden optar os veciños e veciñas de Salvaterra; e Albo seleccionará, formará e contratará ós que resulten aptos, comprometéndose a incluir ó 60% do grupo que se presenta cun contrato mínimo de 6 meses. É requisito obrigatorio para poder optar ó programa estar inscrit@ no servizo público de emprego de Galicia.

Todas aquelas persoas interesadas deberán presentar o seu currículo a través de correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou presencialmente nas oficinas de Albo.

A formación desarrollarase en dous grupos de 15 persoas.

   Grupo I: Fecha de Inicio: 28/08/2025 Fecha de Fin: 29/09/2025

   Horario: 07.30 a 15:30

   Grupo II: Fecha de Inicio: 29/09/2025 Fecha de Fin: 29/10/2025

   Horario: 07.30 a 15:30

Será unha formación integral e práctica, asegurando que os participantes adquiran as habilidades necesarias para desempeñar eficazmente os seus postos de traballo, cumplindo coas normativas de seguridade e calidade, e adaptándose ás innovacións do sector.

 08 07 25 Albo 1