O Concello de Salvaterra remata as obras de mellora nos vestiarios e almacéns das Instalacións Deportivas de O Casal, financiadas a través do Plan +Provincia 2024. As obras que melloran o estado da edificación, derivado do elevado uso diario e da antigüedade das propias instalacións, cunha inversión total de máis de 106.000 euros, centráronse nos acabados, tanto interiores como exteriores, e na cuberta, mellorando o aspecto xeral das edificacións con parámetros máis fáciles de limpar e desinfectar nos vestiarios e así mellorar o illamento térmico tanto nas fachadas como na cuberta da construcción provocando unha mellora instantánea no confort. O edificio que foi construído nos anos 90, nunha primeira fase contaba exclusivamente con 2 vestiarios. Posteriormente ante o aumento exponencial de usuarios, sobre todo de nenos e nenas nas escolas de fútbol, aumentouse a edificación construíndo 2 vestiarios máis simétricos ós existentes e unha sala de maior tamaño utilizada como cantina. O sistema constructivo utilizado no seu momento precisaba unha reforma de calado que permitira acabar coas filtracións de auga e a humidade existente na edificación. As obras de mellora consistiron na colocación de canalóns, a cubrición da cuberta con panel de chapa de aceiro sobre un rastelado, protexendo a edificación exteriormente cun zócalo de pedra e interiormente nalgúns parámetros, ademais realizáronse diversas actuacións que mellorarán a calidade das instalacións. Actualmente as Instalacións Deportivas de O Casal son o lugar onde as Escolas Deportivas, a S.D. Salvaterra e os afeccionados do Casal realizan os seus adestramentos. En total son máis de 200 usuarios e usuarias que fan uso das instalacións semanalmente.

14 04 25 Instalacións Deportivas Casal 114 04 25 Instalacións Deportivas Casal 214 04 25 Instalacións Deportivas Casal 314 04 25 Instalacións Deportivas Casal 4