O Obradoiro de Emprego SALVATERRA EMPREGA IV, xunto co Concello de SALVATERRA DE MIÑO están a traballar dentro da especialidade de Xardinería, na creación dun xardín vertical que se instalará na ponte baixo a infraestrutura ferroviaria, lugar de paso que une a rúa Miño e a ponte internacional con Portugal. Este proxecto enmárcase dentro dos obxectivos do certificado de profesionalidade “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería”. Neste proxecto participan os 20 alumnos/traballadores e o Equipo Técnico do Obradoiro de Emprego, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Esta actuación comezarase ca limpeza das paredes e instalaranse un deseño modular de paneis de madeira tratada, con sistema de rego e cuberto dunha superficie axardinada que se integre co entorno paisaxístico da vila. Esta colaboración súmase ás que xa se realizan como por exemplo coa Comunidade de Montes de Pesqueiras no apartado forestal. Recordamos que SALVATERRA EMPREGA IV ten unha duración de 9 meses nos cales o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en si.